CIRROCÚMULOS- eses fumes dos avións PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Miércoles, 28 de Noviembre de 2007 21:42
 O FUME DOS  AVIÓNS

        A cousa é que non sei como se chegou a este tema, e menos como nos poñemos a defender cousas sen ser, como se adoita dicir, entendidos na materia.

         Ás veces penso se será o xamón ou o queixo, pero a verdade é que cando estamos de foliada "turramos contra o balado" e claro, ceder para darlle a razón ao compañeiro... "!manquepierda¡"

         E é que non se trata de perder ou gañar, senón de recoñecer a razón para aprender coas aportacións de todos.
        Entre lisca e lisca de xamón foise divagando nos temas ata que se verte a afirmación de que as estelas dos avións non son o vapor das turbinas senón que son producidas polas partículas residuais que ao entrar en contacto co aire frío e húmido fai que esa humidade se precipite e condense ata que se forma unha nube.

         Entón foi cando eu quixen matizar xa que non o estimaba correcto. É cando xurde o debate, o que eu digo non vale, pois ben: Naquel intre recoñecín que efectivamente as partículas contaminantes actúan como acelerante da condensación,sobre todo as higroscópicas, iso cae de caixón.

Image

 Tíñao fresco porque estíveno lendo hai uns días nun curso de meteoroloxía que publicou un amigo e me pasou o CD e aí van unhas fotos que o ratifican.

 Agora lembro que ese proceso chámase "coalescencia": dúas microgotíñas de vapor, favorecidas pola acción desas partículas, "coalescen" para formar outras máis grandes, algo así como unha colisión e fúndense  nunha soa.

Image

  Logo engadín que iso era moi pouquiño, por non dicir inapreciable, fronte á cantidade de vapor de auga que, trala  combustión dos hidrocarburos, se expulsa ao medio, esa si que é unha cantidade importante para formar a nube.

Pero máis trabas:
...Que se a nube aínda que se ve pequena é moi grande...
 - (xa se sabe: están a uns 8000 m)
...Que se o vapor saía moi quente e non se ía conxelar tan axiña...
 - (pois máis ao meu favor, o vapor sae a alta temperatura, ao mínimo que se enfría condensa e na medida que se segue a arrefriar,  inflúe sobre  o aire que ten ao seu redor e faino condensar. Canto máis se enfría máis actúa como "coalescendor", é dicir, vai saturando o aire que ten ao redor e fai

que as microgotiñas do entorno, que antes estaban tranquilas, coalescen á vez que van enfriando e se conxelan acabando todo ese vapor en converterse en cristaliños de xeo, que é do que están formadas esas nubes, que por certo son cirrocúmulos)

  DEFINICIÓN dos cirrocúmulos: son a versión máis alta dos cúmulos. Son delgadas nubes de xeo que teñen a aparencia de parches ou ondas. A miúdo asúmese de xeito equivocado que estas nubes son o fume e exhosto dos avións, pero en realidade son nubes que se forman co vapor de auga morno do exhosto do avión, que se  combina co vapor de auga do ambiente para formar cristais de xeo.

Image
Estes non son cirrocúmulos, estes si son provocados, é algo parecido ao "fume de diskoteca" que non é fume.

  Contémplase tamén que hai pequenísimas partículas (aerosoles) que actúan como coalescendores, pero como xa dixen é mínimo.
  Se o aire é moi seco o vapor procedente das turbinas é disolto polo aire do medio rapidamente desaparecendo a nube.
  Se o aire ten unha pouca humidade a nube permanece un anaco pero logo é absorbida e desaparece.
  Se o aire contén suficiente vapor de auga, pode permanecer horas. Ás veces nese tempo dispérsanse e cobren grandes áreas, maioritariamente por mor do vento en altura.


 
Pois nada ti...! non debo ter nin puñetera idea. Estivemos a confrontar ideas e cada un quedouse coa súa verdade para seguir divagando, iso si pedimos outra de chourizo...

  A miña teoría baseábase na combustión dos hidrocarburos.

W CnHm + X O2 ====> Y CO2 + Z H2O

  Os avión utilizan queroxeno, pero non un queroxeno calquera, ten que estar tratado para que vaia o máis puro posible, iso sábeo todo o mundo, por eficiencia, poder calorífico, contaminación e sobre todo seguridade, non pode haber residuos que prexudiquen o estado de saúde dos motores do avión, das turbinas.
  O que non teña residuos, ou sexan mínimos ratifica a miña postura fronte a do meu opoñente.

  Acabo de ler que o tratamento máis importante faise con hidróxeno para eliminar o azufre e evitar sulfurosos (fucionan como aerosoles) pero aproximadamente un 0,3% segue a quedar como residuo, iso non é nada.

  Pois como ía dicindo os produtos da combustión, como todo hidrocaruro que se prece, son "CO2" dióxido de carbono, "H2O" auga e en caso de que a combustión non sexa boa (non está o motor a punto) Monóxido de carbono "CO" este tamén puidera funcionar como aerosol e favorecer a coalescencia, pero coa revisión que lles fan aos avións paréceme a min que iso non pode dar pé a pensar que son os causantes da formación desas nubes. Agás que se queira culpar da formación dos cirrocúmulos aos mecánicos que lle pasan a ITV aos avións.

 

Image
 Cirrocúmulos (ronsel persistente)

Image
Ronsel pouco persistente por pouca humidade

   Para poñer un exemplo moi moi claro  (e teño que recoñecer que non é de todo meu):
  Nós na respiración, ou para ser máis exacto na expiración, exhalamos o mesmo que as turbinas CO2 e vapor de Auga H20  E cando vai frío  ¿que pasa...?¿ non se forma bafo? . E se ademais o aire  está bastante húmido ¿non queda ese bafo un anaquiño antes de se evaporar...?
 
  Defender que as  estelas se forman debido ás "partículas liberadas no escape" é como defender que o vapor que se condensa na exhalación é por culpa da "halitose".
   Aí algúns teríamos que ter unha nube permanente.... sobre todo cando tomamos un vaso de viño  ¡je je je...!

     ¡Ah!!!!!   - por certo- o xamón e o chourizo non entraban sós,  empuxabamolos cuns grolos de viño... ¿sería iso...?
 
  Esta peza dedicámoslla a Diego, que bebe colacao, aínda que ese día tomou Aquarius...
  ¡por algo se empeza!


Se queredes máis podedes ver este enlace, pero ollo! cando fala de gases pensade nos que falamos.

http://www.asifunciona.com/por_que/por_que/pk_5_estela_aviones.htm
Actualizado ( Jueves, 07 de Mayo de 2009 20:14 )