Despegues PDF Imprimir E-mail
Escrito por Alfonso   
Miércoles, 13 de Mayo de 2009 06:24

Por fin o concello ou mellor dito o Patronato de Deportes ampliounos e limpiounos os despegues o que nos vén de marabilla. Plantamos herba e nun par de meses imos ter uns verdadeiros"campos de golf".
No despegue de ponzos debido á ampliación na zona superior, agora ata os alumnos poden facer campa xa que de ancho pode ter uns 200m e vale para case todas ou todas as orientacións. Estes 200m que teñen unha orientación que vai de NNW a NNE pódea utilizar os trikes e demais artilugios voladores.
O de Monteventoso agora ten o dobre de tamaño e os problemas de espazo para aterrar arriba que tiñamos os menos habilidosos acabáronse, xa non teremos que bicar o toxo.
Tamén nos limparon os accesos para que os coches non se rabuñen (Alain e Benito xa non terán problemas).
Bo, engado unhas fotos para que vexades como quedaron.

 

 

 DESPEGUE DE MONTE VENTOSO

 

 

DESPEGUE DE PONZOS

Actualizado ( Miércoles, 13 de Mayo de 2009 17:40 )