Campionato Galego de Parapente 2009
Lunes, 11 de Mayo de 2009 18:25

 O 18 e 19 de xullo celebraremos en Ferrol o Campionato galego de parapente.

 O prezo da inscrición é de 20€, no caso de vir á cea podedes levar acompañantes e serían 28€ máis por persoa.

HORARIO DO CAMPIONATO GALEGO DE PARAPENTE
SÁBADO 18 E DOMINGO 19 DE XULLO DE 2009

10H - REUNIÓN DE PILOTOS E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN.
11H - INICIO DE REMÓNTELOS CARA AOS DESPEGAMENTOS.
12H
- BRIEFING O INFORMACIÓN DETALLADA DE COMO SE VAI A Realizar
A MANGA.
18H
- FIN DA MANGA, TODOS OS PILOTOS REPORTADOS E COMEZO
DA DESCARGA DOS TRACKS. A PARTIR DESTE MOMENTO PODERANSE REALIZAR VOOS LIBRES.
20H
- PECHE DA SECRETARÍA.

rexistro

Actualizado ( Miércoles, 01 de Julio de 2009 18:04 )
 
Penencia
Miércoles, 27 de Mayo de 2009 07:26

Este dia uns voaron e outros demos saltitos, o vento era moi forte aproximadamente 8 m/sg. As mans e a rapidez da vela inflúen, aínda que se ve que en determinados momentos está ao límite.
Unha cousa, as velas énchense de salitre e si queredes ver máis fotos ir á galería. .  

Actualizado ( Miércoles, 27 de Mayo de 2009 07:46 )
 
Despegues
Miércoles, 13 de Mayo de 2009 06:24

Por fin o concello ou mellor dito o Patronato de Deportes ampliounos e limpiounos os despegues o que nos vén de marabilla. Plantamos herba e nun par de meses imos ter uns verdadeiros"campos de golf".
No despegue de ponzos debido á ampliación na zona superior, agora ata os alumnos poden facer campa xa que de ancho pode ter uns 200m e vale para case todas ou todas as orientacións. Estes 200m que teñen unha orientación que vai de NNW a NNE pódea utilizar os trikes e demais artilugios voladores.
O de Monteventoso agora ten o dobre de tamaño e os problemas de espazo para aterrar arriba que tiñamos os menos habilidosos acabáronse, xa non teremos que bicar o toxo.
Tamén nos limparon os accesos para que os coches non se rabuñen (Alain e Benito xa non terán problemas).
Bo, engado unhas fotos para que vexades como quedaron.

 

 

 DESPEGUE DE MONTE VENTOSO

 

 

DESPEGUE DE PONZOS

Actualizado ( Miércoles, 13 de Mayo de 2009 17:40 )