Ven a vernos e a disfrutar deste incomparable entorno PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Miércoles, 20 de Agosto de 2008 06:01

 Image

 Se queres coñecer este mundiño só tes que aparecer por algún dos despegues, nesta  páxina tes os roteiros que te levan ata eles. Só precisas saber a dirección do vento. Se está Norte aditamos estar en Ventoso, se ven de Noroeste en Ponzos e se está Suroeste San Cristobo.

 Quen teña disposición de voar en biplaza ten que levar un calzado axeitado ao monte, que protexa os nocellos, un pantalón vaqueiro que non estea novo e unha cazadora ou algo que abrigue por se podemos subir alto.

 A mellor hora de voo adoita ser logo do mediodía polo que a meirande parte dos dias, non xantamos ou nos apañamos cuns bocatas.En todo caso débese ir sen presa, coma quen vai pasar a tarde.

 Moita xente pregunta ¿canto tempo...? e sempre custa responder porque non se trata do tempo, se trata de vivir a experiencia, o "Dragón Kan" só dura 20 segundos e segue a gostar (eu fun 17 veces),  isto gosta cada día aínda que só sexa un planeo dun par de minutos e cando estamos toda a tarde no aire, ao aterrar a sensación é a mesma: parecenos pouco e queremos volver a estar alí...
Última actualización el Jueves, 21 de Mayo de 2009 20:21