É BO ACELERAR....¿CANDO CONVEN FACELO? PDF Imprimir E-mail
Escrito por xerpa   
Domingo, 15 de Julio de 2007 11:10

 Unha pregunta que adoitan facer os recién saídos da escola, e que  me fixo por enésima vez un alumno e díxenlle: Vamos a ver como cho explico de maneira sinxela:

Partimos dun PARAPENTE HIPOTÉTICO, coma o meu mais ou menos, condicións estables e non temos en conta polares nin elementos espeiais:

Parapente con velocidades a frenos libres: 
 Vmax = 35 km/h
 Tc = 1,1 m/s

Situación de orixe, vento 0

Image O ángulo que  forman ámbalas dúas velocidades nos da a "FINEZA", o que coñecemos por planeo.
   Como podemos ver na gráfica, a fineza  manteríase a 45Km/h cunha taxa de caida de 1,4 m/s ou a 60 km/h cunha de  1,8 m/s (non é que o diga eu, está feito a escala axustando as centésimas por exceso ou defecto). Nos tres casos Se chegaría ao mesmo punto, evidentemente en tempos diferentes.

 

 1º SUPOSTO: Vento  de cara de  25 km/h.

Image
   A velocidade sobre o chan disminúe, agora imos a 10 km/h, o ángulo de fineza e moito menor, obsérvase visiblemente.
   Se metemos acelerador  e aumentamos a velocidade 10 km/h máis,  mantemos a mesma fineza cando acadamos unha taxa de caida de 2,2 m/s.
   Toda velocidade   entre 10 e 20 km/k  que acade taxa de caída entre 1,1 e 2,2 m/s (zona verde) aumentaría a fineza, chegariamos antes e máis alto.

   Se metemos máis acelerador   teriamos que manternos  na zona azul, se nos saimos dela, por abaixo (porque por arriba é imposible salvo "chimpo pa_rriba") chegariamos máis pronto por ir máis rápidos, pero máis baixos.

 

 2º SUPOSTO: Vento  de cara  máis forte, 30 km/h.

Image   Pódese observase  nestas gráficas que canto maior é a velocidade do vento menor é o ángulo de fineza. Mantense a abscisa e medra a ordenada, eso nos vai a dar máis cancha á hora de acelerar, nos vai a permitir caer máis  pero chegando antes e máis alto.  
   Se aceleramos e aumentamos a velocidade 10 km/h podemos deixarnos caer ata case 3 m/s  para chegar ao mesmo sitio, aínda que moito antes. Toda caída que se manteña na zona verde  sería favorecedora.
  Se aceleramos máis haberá que  manterse na zona azul, e xa se ve que temos moita marxe,  se pisando acelerador a tope  poideramos conseguir 30 km/h sobre o chan (25 km/h máis, un soño)  poderíamos caer ata case 6 m/s e non perderiamos fineza.

3º SUPOSTO: VENTO FORTIÑO. 
   Estamos preto do espigón  cun vento de cara de 25 km/h.
Image    
 E...  de repente comezamos a afundirnos a 3 m/s.  (Este é unha variante do 1º suposto) 

  Aceleramos  ata sacar 15 km/m máis, iso é case a taco, imos a 25 km/h sobre o mar a taxa de caida vai pasar de 4,5 m/s  e incluso   (a fineza a daría a liña verde)  e incluso de de 6 m/s (liña azul) en ámbolos dous casos estamos na zona verde.

  E dicir canto maior sexa a taxa de caída máis convén acelerar, sairemos da descendencia antes e máis altos.

  Pero ollo  este bo rendemento do acelerador  disminúe ao disminuir o vento de cara, como podemos ver  abaixo.

Image 

   Na gráfica da dereita conside-ramos un vento de cara menor, de só 10 km/h (25 km/s sobre o chan) e como podemos ver claramente as pendientes parécense , os ángulos de fineza son case iguais e so habería un pequeno rendemento  se conseguíramos unha taxa de caía entre 3 e 4,5 m/s (zona amarela) cousa  moi dificil, somentes tocando un anaquiño, quiño, quiño o acelerador.  Ao pouco que  aceleremos pasarémonos á esquerda da pendiente e afundiriamos máis.

 

 

4º SUPOSTO:  Vento de cola de 20 km/h Image

   Por último vexamos que pasa  cun  vento de cola de 20 km/h. Observase claramente como aumenta o ángulo de fineza. Planeamos moito máis e imos sobre o chan a 55 km/h.
   Se aceleramos a tasa de caida vai a aumentar e sempre nos imos pasar a un peor rendemento (zona vermella). Sen embargo se freamos un pouco conseguindo unha tasa de caída menor, estamos na zona verde). Chegaremos máis tarde pero un pouquiño máis alto.  Neste suposto vemos que convén frear un anaquiño.

Vexamos que pasa neste caso con diferentes velocidades de  vento:

Menos vento 5 km/h

 

Image
Vento de cola de 5 km/h

 

Máias vento  35 km/h

 

Image
Vento de cola de 35 km/h

 

  Co vento de cola,  a fineza  aumenta canto maoir sexa o vento, pero os efectos do acelerador son similares, á mínima que aumenta a taxa de caída xa penalizas,  e sácase tamén mellor partida diminuíndoa cun pouco freo.

  Nestes supostos  entendese que hai unhas condicións aeolóxicas estables e homoxeneas. E non temos en conta pequenas variacións por mor da polar do ala. As outras variacións das velocidades e as taxas de caida que poidamos ter por mor de térmicas, venturis, gradientes etc, pódense  estrapolar  partindo da gráfica que corresponda:
   Por exemplo, se estamos nunha transición da compe e caemos de maneita estable a -3m/s pero no medio do val  atopamos un pozo de -7m/s, evidentemente convén estar o menos tempo posible nese pozo... pero iso estudiase no curso seguinte...

   Espero que isto lle sirva de axuda a alguén,  senón é tempo perdido.

 Unha aperta  a tódolos que achegaron ata aquí.   xerpa(arroba)parapenteferrol.org

Última actualización el Sábado, 11 de Abril de 2009 19:59